Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xulgado do Social Número 1 da Coruña

Declarado improcedente o despedimento de 26 empregados de Atento

A sentenza recoñece a antigüidade dos empregados dende o seu primeiro contrato. A CIG pedirá que se anulen as rescisións.

Redacción / EP - 17:30 21/08/2007

Unha sentenza do Xulgado do Social Número 1 da Coruña recoñeceu como improcedentes os despedimentos de 26 traballadores da empresa Atento afiliados á CIG. O fallo considera que a situación contractual dos empregados é fraudulenta, por entender que son persoal indefinido e non contratado por obra.

Na sentenza recoñécese a antigüidade da maioría dos traballadores dende a sinatura do seu primeiro contrato coa empresa. Xa en xullo se declarara improcedente o despedimento doutros 14 empregados.

Porén, dende CIG sinalaron que se está a estudar un recurso contra a sentenza para conseguir a nulidade dos despedimentos. O sindicato expresou as súas dúbidas sobre a continuidade a curto prazo de Atento na Coruña, debido ás expulsións que se deron ultimamente nos servizos de 1004 doutros centros como o de Valencia, onde houbo 25 rescisións de contrato.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: