Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Norte-Sur, xénero no centro"

O papel dos homes na loita pola igualdade

O representante de Implicadas en Etiopía visita Galiza e comparte unha xira de actividades tamén co colectivo Homes pola Igualdade.

Redacción - 14:00 11/05/2009

Norte-Sur, o xénero no centro, é unha actividade deseñada para a promoción dunha reflexión e acción crítica na cidadanía en torno ás interaccións xénero e pobreza dunha maneira global e interactiva na que a cidadanía teña a posibilidade de adquirir coñecementos pero tamén de expresarse dunha maneira máis pública".

Alén do ciclo de conferencias organízanse outras actividades, como a colocación de “tendais” para os “trapos sucios” do xénero e a pobreza (tarxetóns nos que as/os participantes nas conferencias poderán escribir preguntas, reflexións, desexos ou propósitos) e que constituirán o material de traballo do colectivo de mulleres artistas para a elaboración de creacións con conciencia e mensaxe.

O ciclo remata esta semana coa presenza en Galiza de Mohammed Hussein, que ofrecerá a visión dende o Sur do papel dos homes na loita pola igualdade entre os xéneros. Hussein traballa no mundo da cooperación en Etiopía, país onde entrou en relación con Implicadas no Desenvolvemento. Desde hai algo máis dun ano traballa para este colectivo como representante no país e enlace coas contrapartes.

Axenda de actos:

  • Martes 12, Vigo, Centro Cultural Caixanova ás 20h
  • Mércores 13, Vigo, Salón de actos da Facultade de Filoloxía e tradución ás 11.30h
  • Xoves 14, Santiago, Club Internacional de prensa ás 20h (conferencia conxunta con Homes galegos pola igualdade)
  • Venres 15 Ferrol ás 19.30 no Salón de actos do Edificio Social (Rúa Sánchez Barcaiztegui)


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: