Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
os efectos da crise alén mar

A banca dos EUA precisa até 75 mil millóns de euros en capital

As investigación feitas en 19 entidades revelan a necesidade de aumentar a liquidez nun máximo de 100 mil millóns de dólares -74.760 millóns de euros- en 10 delas.

Redacción - 08:00 08/05/2009
O teito do predio do Bank of America, n'Os Ánxeles / Flicrk: thecornballer

O teito do predio do Bank of America, n'Os Ánxeles / Flicrk: thecornballer

As investigacións -chamadas stress tests- feitas en 19 entidades financeiras dos EUA revelan a necesidade de aumentar o capital nun máximo de 100 mil millóns de dólares -74.760 millóns de euros- en, polo menos, a metade delas. A cifra permite descartar unha segunda rolda de capitalización pública, como a desenvolvida o outono pasado, ou a nacionalizacións dalgunha destas entidades. O departamento do Tesouro dos EUA adiantou que todas as firmas son viábeis.

As autoridades e os executivos da banca levan días filtrándolle á prensa estadounidense os resultados destes tests, que son un primeiro paso para aumentar a transparencia sobre a situación dun sistema financeiro cuxa crise provocou a recesión máis longa e profunda dende a II Guerra Mundial.

Bank of America, un dos bancos que máis sentiron a crise, especialmente tras a convulsa e controvertida compra de Merrill Lynch, sería o que máis necesidade de aumentar o seu capital tanxíbel común tería, perto de 26 mil millóns de euros. Por outro lado, o dono das autoestradas galegas, Citigroup tería a necesidade de sumar uns cinco mil millóns máis. Wells Fargo entre 13 mil e 15 mil millóns; e Morgan Stanley perto de 1.500 millóns. GMAC, a filial financeira de General Motors (GM) e agora de Chrysler, debe aumentar o seu capital tanxíbel en 11.500 millóns.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: