Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
SEGUNDO UN INFORME DO FMI

Latinoamérica vaise recuperar da crise antes que as economías avanzadas

O FMI asegurou que "a rexión ten un grado de preparación moito máis elevado desde o punto de vista da solidez das finanzas públicas". Crónica de D. Campos.

Débora Campos - 11:15 07/05/2009
O director do Departamento do Hemisferio Occidental do FMI, Nicolás Eyzaguirre

O director do Departamento do Hemisferio Occidental do FMI, Nicolás Eyzaguirre

Latinoamérica recuperará o crecemento antes que as economías máis avanzadas grazas á solidez dos seus sistemas financeiros, entre outros motivos. Isto revela un informe dado a coñecer este mércores polo Fondo Monetario Internacional (FMI), que revisou o crecemento da contracción dos EUA até o 3% para este ano.

"Non caben dúbidas de que a turbulencia global está afectando a rexión", pero "ela ten unha preparación moito máis elevada dende o punto de vista da solidez das finanzas públicas", explicou o director do Departamento do Hemisferio Occidental do FMI, Nicolás Eyzaguirre, durante a presentación do informe Perspectivas económicas rexionais, na cidade de Bogotá, en Colombia.

O experto detallou que América Latina e o Caribe "non afrontan unha crise fiscal como outras rexións en desenvolvemento, nin unha crise bancaria como en Estados Unidos e gran parte de Europa". Eyzaguirre subliñou que a rexión rexistrará unha contracción económica no seu conxunto do 1,5% este ano, pero que en 2010 medrará até o 1,6%. As economías de Latinoamérica máis afectadas en 2009 son México, cun Produto Interior Bruto (PIB) que caerá 3,7%; Venezuela (-2,2%) e Ecuador (-2,0%). Pola contra, as que máis medrarán este ano son Perú (3,5%), Panamá (3,0%) e Bolivia (2,2%).

O impacto da crise será menor en América Latina, e a recuperación máis rápida
O FMI prognosticou unha contracción do PIB mundial do 1,5% en 2009, pero o impacto desta crise será menor en Latinoamérica e o Caribe e "a recuperación máis rápida", anotou. "Por primeira vez -de acordo co organismo-, moitos países da rexión puideron responder á crise externa con políticas activas para impulsar a produción e o emprego e protexer os máis febles". O mellor punto é para a banca: "Seis meses despois do desastre de Lehman Brothers, ningún sistema bancario latinoamericano rexistrou crise", sinala o FMI. Segundo o informe, a situación responde a que estiveron "pouco expostos a produtos financeiros estructurados e activos tóxicos".

Así as cousas, a banca latinoamericana "é máis resistente que no pasado porque reduciu fortemente os seus puntos débiles, como a exposición ao risco cambiario ou a dependencia do financiamento externo, e estableceu reservas de capital". Aínda así, o FMI chamou a atención sobre a caída das remesas que envían os inmigrantes aos seus países de orixe, o prezo das materias primas e o sector turismo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: