Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Viraxe na política exterior

Hillary Clinton recéitalle pragmatismo aos EUA para tenderlle a man a Venezuela e Bolivia

A secretaria de Estado apela á xeoestratexia e intereses económicos para recuperar o terreo que, di, gañaron China, Rusia ou Irán en Latinoamérica.

Redacción - 10:00 03/05/2009

O exemplo de China ou Rusia foi destacado esta fin de semana pola secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, quen avaliou a capacidade de influencia destes países en América do Sur. "Se se observan as ganancias, particularmente en América Latina, que Irán ou China obtiveron, é francamente perturbador", analizou Clinton nunha intervención pública.

A responsábel da política exterior estadounidense reprochou a estratexia seguida até o de agora polos executivos de George W. Bush fronte a líderes como o venezolano Hugo Chávez ou o boliviano Evo Morales. "Tratou de illalos, tratou de apoiar os seus opositores, tratou de convertelos en parias internacionais", repasou Clinton para concluír que esa estratexia "non funcionou".

"A pregunta de fondo é, que é o mellor para os Estados Unidos?", expresou Clinton, "como impulsamos comportamentos que estean mellor identificados cos nosos intereses?". Nesa liña, explicou que a súa vontade será traballar a prol do estabelecemento de relacións diplomáticas "normais" con estes países.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: