Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Chegando á fabricación de 25 mil vehículos

Citroën volverá empregar traballadores eventuais pola suba da produción

Os sindicatos aseguran que está confirmado o calendario para maio, con catro días de paro no sistema un.

Redacción / EP - 09:00 28/04/2009

O aumento da produción na planta de Vigo do Grupo PSA Peugeot-Citroën fixo que a empresa poida volver contar cos traballadores temporais aos que lles vence o contrato este verán.

A empresa confirmoulle aos sindicatos, nunha xuntanza desenvolvida esta segunda feira, o aumento de 25 mil vehículos, polo que se prolongará a vida da quenda de noite, manténdose 900 empregos eventuais que, de desaparecer a actividade nocturna, habería que suprimir. Porén, cando algún contrato venza, o posto será cuberto con outra persoa.
Este paso supón un cambio respecto dos últimos meses, xa que, debido ás caídas experimentadas na produción, estes postos deixáranse de cubrir.

Fontes sindicais explicaron que entre a pasada sexta feira e a segunda realizáronse un total de 90 contratacións, que irán destinadas á quenda de noite do sistema un (no sistema dous non hai horario nocturno dende o primeiro de xaneiro). Se a situación continúa segundo o previsto, en maio efectuaranse, aproximadamente, outras 90 contratacións, tamén para cubrir vencementos de contratos. Estes 180 novos efectivos son persoas que deixaron de traballar o pasado mes outubro, sen concluír o ano. Por isto háselles dar prioridade á hora de realizar as novas contratacións, que, segundo as mesmas fontes, nun comezo hanse realizar por tres meses.

Calendario para os vindeiros meses
Por outra parte, na xuntanza tamén se confirmou o calendario para o vindeiro mes de maio, no que o sistema un (que produce as furgonetas Berlingo e Partner) parará catro días (o 8, el 11, el 22 e o 25), e o sistema dous (que produce os Picasso) non sufrirá xornadas de inactividade. Para xuño mantense a previsión de que o sistema un pare dous días, mentres que o sistema dous ha traballar todos os días laborábeis, mesmo dous sábados. A partir de maio, ademais, volverá a facerse en Vigo a montaxe completa do Xsara Picasso, xa que agora parte do proceso realizábase en Francia.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: