Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
DENUNCIA IRREGULARIDADES

Galiza Nova leva diante do Valedor do Pobo a última asemblea do Conxuga

A organización xuvenil do BNG defende que a asemblea na que Azucena Rodríguez foi elixida presidenta é "nula" por non respectar os estatutos.

Redacción - 18:30 23/04/2009
Iria Aboi, acompañada dunha compañeira de partido, despois de presentar a queixa

Iria Aboi, acompañada dunha compañeira de partido, despois de presentar a queixa

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, presentou este mércores unha queixa diante do Valedor do Pobo na que se pon en dúbida a legalidade da asemblea en que a socialista Azucena Rodríguez foi elixida presidenta do Conxuga. Aboi denuncia "irregularidades que afectaban tanto á convocatoria como ao proceso de acreditación e quorum, á constitución dunha Asemblea nula de pleno dereito e de elección do comité permanente". A organización xuvenil tamén solicitou formalmente unha auditoría que revise e fiscalice as contas do Conxuga nos catro últimos anos en que o goberno se mantiña grazas a un pacto entre PSOE e PP

O problema na asamblea veu dado porque, segundo a organización nacionalista, na segunda convocatoria da asemblea non había o quórum esixido polo regulamento. Ante isto, os responsábeis do consello decidiron volver a abrir a mesa para así acreditar a dúas persoas pertencentes a unha organización afín ás Xuventudes Socialistas. Esta situación fixo que o cambio de goberno no Consello da Xuventude non fora ratificado polo Consello da Xunta.

Amósase disposta a falar e pide que o novo goberno actúe
A secretaria xeral de Galiza Nova lembrou que o seu interese final é conseguir que o Conxuga "sexa unha institución útil" e por iso anunciou que "para a mellora desta organización, pódese contar con Galiza Nova, que está disposta a participar de xeito construtivo".

Nesta liña dixo que a responsabilidade dunha solución corresponde á presidenta entrante e ao novo conselleiro da Presidencia da Xunta, Afonso Rueda, xa que "del depende que se ratifique ou non o novo comité permanente, electo nunha asemblea ilegal". Sobre a realidade actual Aboi criticou a "nula vontade de reconducir a situación por parte tanto da presidenta entrante (Azucena Rodríguez Amoroso) como da saínte (Dolores Rodríguez Amoroso) a través do diálogo coas entidades xuvenís, mediante a convocatoria dunha nova asemblea".


4,17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: