Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
esta cuarta feira

O último Consello da Xunta pasa por alto o cambio no Conxuga

Touriño foi convencido polos seus socios de goberno para non facer oficial o nomeamento da socialista Azucena Rodríguez como presidenta do Consello da Xuventude.

Redacción - 15:00 09/04/2009

Segundo publica esta quinta feira o xornal El País, o PSdeG tiña pensado levar ao último Consello da Xunta desta da VII Lexislatura que xa termina, o cambio na directiva do Consello da Xuventude de Galiza (Conxuga), porén, finalmente o expediente foi arquivado.

Facer oficial o nomeamento da socialista Azucena Rodríguez como presidenta da entidade non entraba na orde do día, e, segundo este diario, e pesar das reticencias iniciais, algúns conselleiros do PSdeG introducírono finalmente. Porén, os conselleiros do BNG falaron co presidente saínte, Emilio Pérez Touriño, e finalmente a declaración oficial da nova directiva do Conxuga quedou apartada da axenda do día. Cómpre lembrar que o nomeamento de Rodríguez e a renovación da directiva do Conxuga foi obxecto de polémica, ao opoñérense Galiza Nova e as Novas Xeracións do PPdeG ao xeito no que se desenvolveu o asemblea, acusando ao socialistas de cometer "irregularidades" nas votacións.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: