Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Negociacións mediadas por Suíza

Turcos e armenios definen un “roteiro de traballo” para normalizar as relacións internacionais

O maior obstáculo á reapertura das conversas é Acerbaixán, e as históricas liortas deste país, aliado de Turquía, con Armenia.

Redacción - 08:00 23/04/2009
A situación de Turquía no mapa

A situación de Turquía no mapa

As autoridades de Turquía e a Armenia acordaron desenvolver un "roteiro" para a normalización das relacións internacionais entre os seus gobernos, cunha serie de discusións mediadas por Suíza, segundo anunciou o Ministerio de Exteriores turco. As negociacións "conducirán a unha comprensión mutua", sinalaron dende Ancara. 

Turquía fechara as súas fronteiras con Armenia en 1993, amosando o seu apoio a Acerbaixán no conflito que este país mantiña cos armenios, por causa do enclave de Nagorno-Karabach, ocupado naquela altura.

Nesta última fase de reaproximación, Acerbaixán parecía ser o maior obstáculo a un compromiso entre turcos e armenios, xa que por causa das súas presións, Turquía non deu os pasos precisos para facer o recoñecemento formal do xenocidio armenio, a masacre acontecida en 1915 baixo o dominio otomano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: