Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos do Instituto Galego de Estatística

Só un de cada cinco habitantes do país usa o transporte público

Case a metade dos que o usan recoñecen que o fan porque carecen de vehículo propio. Un 21,1% vai a pé, en bici ou non se despraza.

Redacción - 19:30 22/04/2009

A gran maioría dos galegos emprega o transporte privado, ben o coche ben a motocicleta, para os seus desprazamentos, e só un 18,8% usa o transporte público, segundo a Enquisa Social 2008 elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

O 60% dos habitantes de 16 ou máis anos de idade emprega o transporte privado nos seus desprazamentos, e un 21,1% de persoas emprega a bicicleta, vai a pé ou non se despraza. O uso dos medios públicos é case tres puntos inferior á media do Estado.

Ademais, a maior parte das persoas que emprega o transporte público recoñece que o fai porque carece de vehículo propio, o 48,9%, mentres que un 33,3% dos usuarios de autobuses ou trens cren que é máis cómodo ou causa menos tensión que conducir. O 27,3% de usuarios de medios públicos de transporte non dispón de permiso de conducir.

Aforro de enerxía nos fogares
A Enquisa Social 2008 do IGE investiga a relación dos fogares co medio ambiente e determinou que no 93,6% das vivendas do país, os membros da familia teñen algún tipo de hábito para reducir o consumo de auga, tal como agardar a que se encha o lavalouzas ou a lavadora. Tamén, o 81,9% conta con algún tipo de luz de baixo consumo.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: