A polémica norma, excepcional para os xiís, obriga as mulleres a ofrecer sexo ao seu marido como mínimo unha vez cada catro días se este o require.
Mulleres afgás manifestanto o seu descontento coa nova lei
Os sucesos aconteceron na cidade Kabul, segundo axencias internacionais, onde un grupo de mulleres foron agredidas física e verbalmente cando se manifestaban en contra da aplicación dunha dunha lei que permite un réxime especial para os xiís (20% da poboación) en aspectos como as relacións maritais, o divorcio, a herdanza ou os asuntos da familia.
Entre outras cousas, obriga as mulleres xiítas a ofrecer sexo ao seu marido como mínimo unha vez cada catro días se este o require agás se estas están enfermas.
A protesta, organizada por activistas locais, coincidiu nun punto da marcha cun grupo de homes e mulleres, superior en número, que se manifestaban a prol da lei e que comezaron a tirarlles pedras e a insultalas.
O presidente afgán, Hamid Karzai, viuse na obriga de deter a aplicación da lei hai uns días e instar o Departamento de Xustiza a realizar unha revisión urxente da mesma logo das críticas da comunidade internacional.