Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DURANTE O AMARRE FORZOSO

O BNG pide axudas económicas para os mariñeiros do Gran Sol

Empraza ao goberno a que se paguen nos períodos nos que se fan os paros para que os afectados teñan algún sustento económico.

Redacción - 14:00 13/04/2009
O Ministerio de Medio Mariño estabeleceu unha parada temporal obrigatoria de 90 días

O Ministerio de Medio Mariño estabeleceu unha parada temporal obrigatoria de 90 días

Para os armadores e os mariñeiros galegos que faenan en Gran Sol quedan por diante tres meses de amarre forzoso. Así o decidiu o pasado novembro o Ministerio de Medio Mariño atendendo ás normas comunitarias, co obxecto de recuperar as especies. Agora, o BNG insta ao goberno a aprobar axudas para os afectados por este paro que en Galiza afecta a máis dun cento de embarcacións.

A deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila presentou unha proposición non de lei que se debaterá este martes na Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño do Congreso dos Deputados. Na iniciativa solicítase ao goberno que as axudas se paguen nos períodos nos que se fan os paros para impedir que os afectados queden sen ningún tipo de ingreso.

Amarre da flota
O BNG xa fora especialmente crítico coa decisión de amarrar a flota, o que considerou unha imposición por parte do goberno español. Defendía que o regulamento comunitario "non recolle a obrigatoriedade deste amarre, senón que fala de paros voluntarios". Con todo, a ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa afirmou entón que o "cese temporal da actividade" da flota de Gran Sol fora unha decisión tomada en consenso co sector e coas Comunidades Autónomas. Pola súa banda, a deputada nacionalista asegurou que non era máis que "unha resposta de castigo" polas actuacións levadas a cabo por armadores e mariñeiros ante a suba dos prezos do combustible.

Sexa como for, a ministra informou daquela que a parada contaba coa posibilidade de financiamento a través do Fondo Europeo da Pesca (FEP). Agora o BNG reclama algunha contraprestación para os afectados e pregúntase polas axudas das que falaba Espinosa.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: