Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
a poucos quilómetros da costa do país africano

Os piratas somalís manteñen secuestrado o estadounidense Richard Phillips

O capitán do Maersk Alabama continúa a bordo da lancha dos seus captores, que dispararon contra un buque da Mariña dos EUA. En terra seguen as conversas.

Redacción - 19:45 12/04/2009
O capitán secuestrado, Richard Phillips

O capitán secuestrado, Richard Phillips

Os piratas somalís que manteñen secuestrado o capitán norteamericano Richard Phillips fronte as costas da Somalia dispararon o sábado contra membros da Mariña dos Estados Unidos que tentaban aproximarse ao seu bote. En terra, os mediadores -un consello de anciáns da rexión- retomaron as conversas cos raptores para obter a liberación do comandante norteamericano.

Phillips é o capitán do Maersk Alabama, un buque que foi abordado a pasada cuarta feira fronte as costas de Somalia. Os piratas capturárono, e deixaron libre o resto da tripulación e o barco, que, dende o sábado pola noite, está amarrado en Mombasa, Quenia, onde o FBI está a tratalo como a escena de un crime, mentres continua interrogando a tripulación. Os piratas piden por el un rescate de 1,5 millóns de dólares.

A intención inmediata da Mariña dos EUA, que ten na zona, arredor do bote dos asaltantes, un helicóptero, unha fragata e un navío de asalto, é a de impedir que o capitán secuestrado sexa levado a terra, cara a base dos piratas, en Garacad, na rexión autoproclamada autónoma do Puntland, no Nordeste de Somalia, onde a súa recuperación se tornaría máis difícil.

Por outro lado, os catro cidadáns franceses cuxo iate foi capturado a pasada semana polos piratas somalís, regresaron a París este domingo, após seren liberados polas tropas francesas a pasada sexta feira. Durante a operación de rescate faleceu o propietario da embarcación, Florent Lemacon, e dous dos piratas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: