Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A 48 horas do Día da Muller Traballadora

A CIG concéntrase en San Caetano para exixir plans de igualdade á nova Xunta

Delegados da central sindical reuniranse primeiro ás portas dun supermercado para denunciar as "deplorábeis condicións de traballo" das empregadas.

Redacción - 09:45 06/03/2009
Cartaz elaborada pola CIG para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora

Cartaz elaborada pola CIG para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora

A CIG convocou, para esta sexta feira, dúas mobilizacións con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, que se conmemorará o vindeiro domingo 8 de marzo. Por volta das 11:00 horas os delegados da central sindical concentraranse ás portas dun supermercado da marca Gadis, en Compostela, para denunciar as "penosas" condicións laborais das súas empregadas. Unha hora despois, polo mediodía, xuntaranse ás portas de San Caetano, ante os edificios da Xunta, para demandarlle ao Goberno entrante unha completa planificación de políticas de igualdade.

A demanda de políticas de igualdade completas xa lla trasladara a CIG ao anterior Goberno, e agora volve presentarlla ao "novo equipo" para que "teña presentes estas cuestións á hora de planificar accións de goberno futuras".

Após as concentracións, a central sindical ten organizada unha comida no Hotel Congreso de Compostela, tras a que se fará entrega dos premios 8 de Marzo, cos que a CIG recoñece o traballo desenvolvido por mulleres, comités de empresa, xuntas de persoal, delegadas e outros cargos que, durante o ano pasado, destacaron pola súa loita e resistencia.


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: