Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aos 61 anos

Falece o actor e director galego Pepe Rubianes

Moraba en Cataluña, onde finou, vítima dun cancro de pulmón que lle diagnosticaran hai apenas un ano.

Redacción - 13:30 01/03/2009
Unha imaxe de Pepe Rubianes

Unha imaxe de Pepe Rubianes

O actor e director galego, que moraba en Cataluña, Pepe Rubianes, faleceu este domingo de mañá no seu domicilio de Barcelona. Tiña 61 anos, e finou a causa dun cancro de pulmón que lle diagnosticaran hai agora case un ano.

Cando soubo da súa enfermidade, Rubianes cancelou todas as actuacións da O sorriso etíope que estaba a representar no Club Capitol de Barcelona. E a xira que tiña previsto realizar no verán de 2008.

Segundo informou a produtora Fila7, o enterro será, por desexo da familia, na intimidade.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: