Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA2009

Quintana: “Queren facer de Galiza un país de quinta e poñelo aos pés de Rajoy"

Redacción - 18:15 14/02/2009

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, compartiu este sábado un xantar con perto de 900 mozas e mozos da bisbarra. Dirixíndose ao auditorio, Quintana fixo un chamamento á mobilización do voto nacionalista e advertiu que a alternativa é ir para atrás. Neste sentido alertou de que “o PP quere converter Galiza nun país de quinta categoría e poñelo aos pés de Rajoy e dese predicador radiofónico que manda no PP”.

O líder nacionalista asegurou que nestes primeiros catro anos se puxeron os “alicerces do cambio” que terá que dar máis froitos nunha segunda lexislatura: “Conseguimos que o Goberno se preocupe da xente e leve adiante políticas para a xuventude e iso, en si mesmo, é un cambio moi importante”.

En canto á estratexia dos conservadores, Quintana sinala que “pretende que a xente se aburra e só lanzan metiras e difamacións para que cunda a idea de que todos somos iguais”. Como exemplo do cambio empregou unha metáfora deportiva: “Quen queira que a enerxía eólica sirva para que o Real Madrid fiche a Ronaldo que vote polo PPdeG, quen queira que beneficie os galegos e galegas, que vote BNG”. Nunha chiscadela cara os máis novos, o de Allariz sinalou que “os after hours do día 1 son as urnas”

Pouco antes de desprazarse até Pontevedra, o candidato nacionalista tivo outro acto en Zas. Neste municipio no que goberno o BNG dende os últimos comicios autonómicos, Quintana congregou a máis de 700 veciños da comarca de Soneira. No mesmo estivo acompañado polo rexedor Manuel Muíño e pola candidata número dous, Ana Pontón.


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: