Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A pasada fin de semana

Trasladan os presos independentistas galegos ao cárcere de León

A Plataforma Que Voltem a Casa! amosou a súa ledicia por este "pequeno achegamento", mais seguen reclamando a transferencia para prisións do país.

Redacción - 13:30 11/02/2009

Segundo informan dende a plataforma cidadá Que Voltem a Casa!, os presos independentistas galegos Santiago Vigo Domínguez e José Manuel Sanches Gorgas foron transferidos para o Centro Penitenciario de Mansilla de las Mulas, na vila de Paraje Villahierro, en León.

Isto supón un achegamento a Galiza, xa que ámbolos dous presos levaban meses encarcerados en Aranxuez, onde permaneceron até a pasada fin de semana, despois de pasar polo centro penitenciario de Valdemoro, tamén en Madrid.

Dende a plataforma, que dispoñibiliza na súa web os novos enderezos dos presos, para quen desexe poñerse en contacto con eles, felicítanse polo "pequeno achegamento", mais seguen reclamado a "transferencia de Santi Vigo e José Manuel Sanches a prisións situadas no noso país", e "a súa liberdade provisional, en cumprimento da actual lexislación estatal".


Ligazóns

4/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: