Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
José Manuel Sanches e Sánti Vigo

Sancionan os presos independentistas en Aranxuez por se negaren a facer labores de limpeza

Ceivar acusa a dirección do centro penitenciario de "externalizar custos", encomendándolles aos internos traballos que son responsabilidade dos funcionarios.

Redacción - 11:55 12/09/2008
Centro Penitenciario de Aranxuez

Centro Penitenciario de Aranxuez

A organización Ceivar informou esta quinta feira de que a dirección do centro penitenciario de Aranxuez, a uns 50 quilómetros ao sur de Madrid, sancionou os presos independentistas José Manuel Sanches e Sánti Vigo por se negaren a facer labores de limpeza.

Ceivar enmarcou esta situación nunha política por parte dos responsábeis do centro de "externalizar custos", encomendándolles traballos aos internos -limpeza, repartimento de paquetes- que son responsabilidade dos funcionarios. Deste xeito, afirman, reducen custos e minan a solidariedade de grupo.

Neste senso, salientaron que a totalidade dos presos do módulo en que están Sanches e Vigo "aceptaron a imposición do cárcere por medo a represalias ou suspensión de calquera 'beneficio penitenciario'".

A negativa dos dous militantes independentistas leva consigo a prohibición de saíren ao patio polas tardes durante 30 días. Os avogados iniciaron os trámites necesarios para que a sanción sexa anulada, aínda que dende Ceivar manifestaron o seu escepticismo ante a posibilidade de que a medida, ao igual que noutros sucesos deste tipo, prospere.


4,67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: