Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
POLÉMICA

Táboas fala galego "desde que lle deron un cargo como conselleira", di Porro

A número un do BNG por Pontevedra criticara a número dous do PPdeG por apoiar a manifestación dun grupo contrario á normalización lingüística.

Redacción / EP - 17:45 30/01/2009
Corina Porro, nun acto electoral

Corina Porro, nun acto electoral

A ex-alcaldesa de Vigo e número dous do PPdeG ao Parlamento por Pontevedra, Corina Porro, criticou este venres a súa rival pola mesma circunscrición, Teresa Táboas, número un da candidatura do BNG. A conselleira de Vivenda denunciara o feito de que os populares vigueses apoiasen a manifestación dunha asociación en contra da normalización lingüística, prevista para o 8 de febreiro en Compostela. Mais segundo Porro, Táboas non falou galego até que chegou á Xunta.

A candidata popular lembrou que cando ela era deputada autonómica falaba en galego "con grandes dificultades", mentres que Teresa Táboas non o facía, senón que empezou a usar a nosa lingua "desde que lle deron un cargo como conselleira". Porro engadiu: "Eu non cambiei as miñas condicións e ideas", e dixo ser "demócrata" e apostar "sempre pola liberdade individual das persoas".

Corina Porro dixo que o seu apoio a manifestación na capital de Galiza vai na liña de defender "a liberdade fronte ao intervencionismo" que considera que practica o Goberno. Segundo ela, "o único que consegue é a imposición en campos como a educación e o comercio", e "impide que investigadores poidan acceder a axudas".


1,5/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: