Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por detrás de Feijoo por Pontevedra

Corina Porro salta á carreira electoral e cae Palmou

A ex alcaldesa de Vigo, do PPdeG, vai ir de número dous. Xa exerceu como conselleira de Asuntos Sociais no último mandato da era Fraga.

Redacción - 19:20 20/01/2009

Esta terza feira sóubose: Feijoo decidiu confiar en Corina Porro para as listas das vindeiras eleccións do primeiro de marzo. O acordo pechouse esta segunda feira, e na tarde da terza fíxose público nun acto de precampaña en Vigo.

A ex alcaldesa de Vigo irá de número dous por esta provincia; por detrás do candidato popular á presidencia do Goberno, Alberte Núñez Feijoo. Alfonso Ruedas erá o terceiro e a deputada e ex conselleira Pilar Rojo irá de cuarta.

Porro xa foi conselleira de Asuntos Sociais no último mandato da era Fraga. Actualmente é voceira do grupo popular en Vigo, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e senadora dende as eleccións españolas de marzo de 2008.

Feijoo deixa fóra e sen explicacións, a Xesús Palmou
Feijoo cualificou a Porro como "a mellor" que o partido ten en Vigo, aínda que tamén ratificou, neste acto de precampaña desenvolvido a tarde da cuarta feira na cidade, a presenza do parlamentario Ignacio López Chaves nesta candidatura.

Feijoo evitou falar da posíbel exclusión de Xesús Palmou, un dos poucos conselleiros da era Fraga co que máis se especulou nos últimos días. Porén, sinalou que conta co seu "recoñecemento persoal e político". Por outro lado, o propio Palmou autodescartouse como candidato, asegurando que "sempre" ha estar "ao dispor do presidente do partido".


1/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: