Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SÓ O MONTAÑEROS ESTÁ PRETO

Claro dominio do Compostela na terceira galega

O equipo de Chus Baleato avantaxa en seis puntos ao segundo clasificado e avanza con paso firme cara a un novo ascenso.

Redacción - 13:00 19/01/2009
A terceira divisón promete emoción até o final

A terceira divisón promete emoción até o final

Con 20 xornadas disputadas o Compostela lidera con firmeza o grupo galego da terceira división de fútbol, e semella avanzar embalado cara ao ascenso á segunda división b. Por detrás, o Montañeros destácase do resto de equipos que optan ao ascenso e con 38 puntos avantaxa en catro a un Ourense. Os de Francisco Romero deben recuperarse despois do duro golpe sufrido no último partido fronte ao Arousa, que deixou os postos de descenso tras gañarlles por seis goles a dous.

O Ourense encabeza un heteroxéneo grupo de seis equipos separados por só tres puntos. Aquí están algúns que perderon forza co paso das xornadas, como Santa Comba ou Negreira, e outros que chegan ás posicións de cabeza despois dunha escalada espectacular, como é o caso do Cerceda. Os outros dous equipos deste grupo que persegue cunha distancia prudencial aos líderes son Arousa e Lalín.

Na parte de abaixo mantense como último clasificado o Pontevedra b, acompañado nas posicións de descenso por Rápido de Bouzas e Somozas. O filial do Pontevedra leva todo o ano nas últimas posicións, máis tamén por abaixo as cousas están moi apertadas. Así son só catro os puntos que separan o último lugar do 17º que xa permite ao seu inquilino manterse na categoría.

Quedan 18 apaixonantes fins de semana con fútbol na terceira galega, onde aínda está todo por decidir. Na seguinte xornada continúa a emoción, con especial mención para os partidos nos que participan os equipos da parte baixa, xa que os catro últimos xogarán entre si á procura dun impulso que lles permita aumentar as súas posibilidades de manterse na categoría.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: