Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros berran contra o masacre

"Galiza con Palestina"

Convocados por máis de 80 organizacións, os manifestantes pedíronlle á Xunta que se pronuncie contra as agresións do Estado de Israel. 

Texto e Vídeo: Isabel G. Couso - 20:14 18/01/2009
Imaxe: Xela Rodríguez

Imaxe: Xela Rodríguez

"Todos somos Palestina". Este foi o berro unánime duns 15 mil manifestantes, segundo avaliación dos organizadores, que encheron este domingo as rúas de Santiago de Compostela para amosar o seu rexeitamento á ofensiva do Estado Israelí na Faixa de Gaza.

Con lemas como "Galiza con Palestina", "Non ao masacre", "Paremos a matanza" ou "Zapatero, queremos saber quen lle vende as armas a Israel", a marcha chegou até a Praza da Quintana, onde se deu lectura dun manifesto (en .pdf). As encargadas foron a actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, e a cooperante de Galiza por Palestina, Laila Tillawi. Nel reclamaron o impulso de políticas activas de solidariedade a prol de Palestina, exixiron á Xunta que se pronuncie contra Israel e que se declaren a embaixada e o goberno daquel estado non gratos en todo o territorio galego e pediron aos medios de comunicación que informen con imparcialidade e "non a favor do sionismo".


O manifesto ao completo (10 min.)

Vieiros quixo saber das arelas dos manifestantes e recoller as súas opinións. Aquí pode ver o vídeo cunha pequena escolma do que aconteceu. Tamén pode botarlle unha ollada á galería, con todas as imaxes da manifestación.




Ligazóns

4,9/5 (40 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: