Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA TRADICIONAL DE VANGARDA

Xa temos aquí o disco de Projecto Trepia

O álbum contén seis cancións e pode descargarse de balde en A Regueifa Plataforma.

Redacción - 12:05 13/01/2009

Projecto Trepia, primeiros clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel A Regueifa. Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar artellado ao redor do que eles denominan 'os tres pés' (o son, a imaxe e a danza) combinando no musical a música tradicional galega, froito en grande parte de recolleitas de campo propias, cos novos sons que proporciona a electrónica. Os integrantes de Projecto Trepja afirman que a historia da música galega tradicional pódese dividir en catro etapas, e eríxense en iniciadores desa cuarta etapa.

A Roseira

Leghons

Posúen unha actitude decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica, samples e baixo eléctrico. O disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net. Contén seis cortes, que o grupo xa puxera a disposición do público no seu myspace: A Roseira, Leghons, Pontepedra, Oroso_reloaded, Deganha e A máquina de meter medo.

O grupo artéllanse en función dunha outra trepia para a difusión e consecución dos seus obxectivos: asociativa, escénica e reivindicativa. En primeiro lugar, o colectivo quere articularse como asociación para un mellor desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, procuran que as súas actuacións teñan lugar en escenarios e tamén na rúa, en espazos públicos.


3,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: