Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Masacre en Gaza

18 de xaneiro en Compostela: manifestación nacional por Palestina

Convocan unitariamente ducias de asociacións. Antes, este sábado, haberá unha outra xornada de concentracións en cidades e vilas de todo o país.

Redacción - 14:00 08/01/2009

Logo de diversas xuntanzas e contactos entre máis de trinta organizacións de todo o país, esta quinta feira acordábase finalmente unha serie de actos reivindicativos a prol do pobo palestino e en contra do ataque do Estado de Israel a Gaza para os vindeiros días. O principal será o domingo 18 de xaneiro, cunha gran manifestación nacional en Compostela.

A marcha sairá ás 12.00 horas da Alameda e percorrerá varias rúas da capital galega até chegar á Praza da Quintana, onde se ha ler un manifesto. A resposta do tecido asociativo do país nace da "necesidade de dar unha resposta unitaria e nacional á matanza palestina do sionismo en Gaza e de garantir a máxima participación posíbel da cidadanía".

Previamente, este sábado, está prevista unha xornada de concentracións tamén unitaria e de carácter nacional, mais centrada nas diversas localidades do país, principalmente nas sete cidades e nas cabeceiras de comarca. A maioría serán ás 20.30 horas, aínda que as horas poden variar dependendo do lugar. Así, por exemplo, en Vigo comezará ás 18.00 horas.


4,85/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: