"Os pobos do mundo tomaron as rúas para protestar contra as accións israelís, mais non están representados polos seus propios gobernos", di Hamas.
Soldados israelís e milicianos de Hamas combaten xa na capital
Militantes de Hamas combaten con soldados israelís nas rúas da Cidade de Gaza dende este luns á noite, por vez primeira dende o inicio da ofensiva terrestre por parte do Exército de Israel, o sábado pasado.
Por outra banda, continúan os esforzos diplomáticos para conseguir un cesamento do fogo. O que non cesan son as declaracións acusatorias. O presidente de EUA, George Bush, defendeu o ataque ao asegurar que entende o "desexo de Israel de defenderse" e culpou por completo da situación a Hamas.
Precisamente, o líder e cofundador da organización, Mahmud Zahhar, ameazou o Estado israelí este mesmo luns, informan as axencias internacionais. Argumentou, tamén, que o problema non son os foguetes que se disparan dende Gaza, senón a ocupación e o asedio contra este territorio.
Ademais, criticou os líderes mundiais: "Os pobos do mundo tomaron as rúas para protestar contra as accións israelís, mais non están representados polos seus propios gobernos, que actúan en complicidade con estas últimas agresións", afirmou.
Máis información: