Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Varios mortos e ducias de feridos

Violencia poselectoral en Bangladesh onde a oposición denuncia "fraudes"

Observadores internacionais avalan a vitoria da Liga liderada por Sheikh Hasina, que será primeira ministra, mentres a líder rival, Jaleda Zia, denuncia presuntas "manipulacións".

Redacción - 09:00 31/12/2008

Logo de dous anos de revolto escenario político e vivindo baixo "estado de excepción", Bangladesh poderá ter novo goberno, despois da vitoria da alianza de esquerdas Liga Awami, con Sheikh Hasina, filla do considerado "pai da nación", á fronte do próximo executivo. Á falta de coñecérense os datos finais e con apenas catro escanos parlamentarios por resolver, a vitoria da Liga aparece xa esmagadora, con 229 dos 295 escanos en disputa conseguidos por esta formación.

Ao coñecerse o resultado, avalado por observadores internacionais, Hasina comunicou a súa intención de tender a man e buscar a cooperación cos seus rivais políticos para fortalecer a democracia dun dos países máis poboados do planeta e á vez tamén un dos máis pobres. O proceso non será doado, xa que Jaleda Zia, a candidata do Partido Nacionalista de Bangladesh, saíu en público afirmado que rexeita o resultado das eleccións e denunciando que durante os comicios producíronse "manipulacións e irregularidades" en moitos colexios electorais.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: