Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GUERRA ABERTA NA SOCIEDADE GALEGA DE MEDIO AMBIENTE

“Acabouse iso de estar aquí decidindo a quen se lle adxudican os contratos”

Ofrecémoslles a intervención completa do presidente de Sogama na que anuncia unha querela contra altos cargos da sociedade pública, entre eles o secretario xeral da entidade, Xosé María Hernández Sanmamed.

Redacción - 19:00 30/12/2008

Gravación 1: “Son o primeiro interesado en que se esclareza o vertido”



Xosé Álvarez, presidente de Sogama, fala da investigación xudicial aberta polos vertidos ao río Lengüelle (Cerceda). No caso están imputados directivos de Danigal, empresa que xestiona o vertedoiro de Sogama, e o xefe da área técnica desta última empresa, Ramón Pérez Mariño. Varios axentes rexistraron este luns as oficinas de Sogama


Gravación 2: “Acabouse a historia de estar decidindo a quen se lle adxudican os contratos”



O máximo responsábel de Sogama asegura que as críticas contra a súa xestión teñen que ver co cambio de modelo na política de contratación de empresas. Álvarez asegura que durante os mandatos do PP as concesións foron opacas.

Gravación 3: “Iso pregunto eu: para que serve?”




Declaracións contra o secretario xeral de Sogama, Xosé María Hernández Sanmamed. O fillo do ex conselleiro de Sanidade, Hernández Cochón, é un dos inimigos declarados do presidente de Sogama. Álvarez aproveitou a conferencia de prensa para subliñar que o secretario xeral, que cobra 72 mil euros anuais, entrou sen experiencia previa na empresa pública nun concurso que o Consello de Contas cualificou de irregular.

Dámoslle aquí algunhas das claves da dura batalla interna que se vive en Sogama:


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: