Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTAMINACIÓN NOS RÍOS

Aparecen centos de troitas mortas nun tramo cercedense do río Lengüelle

O BNG local denuncia que os exemplares volveron aparecer augas abaixo dun vertedoiro de resíduos.

Redacción - 20:20 20/10/2008

Un dos ríos troiteiros por excelencia do país, o Lengüelle, apareceu este luns inzado de peixes mortos. Técnicos da Consellaría de Medio Ambiente e da empresa Tragsa desprazáronse até o municipio de Cerceda para recolleren centos de exemplares de troitas. Fontes do BNG cercedense aclararon cunha nota de prensa que o vertido tivo lugar na parroquia de Xesteda, nun tramo de río augas abaixo do macrovertedoiro da Areosa, onde se atopa un depósito de resíduos de Sogama.

Os nacionalistas denuncian que non é a primeira vez que acontece este tipo de episodios e cualifican o sucedido de “extrema gravidade”. A formación exixe que as administracións tomen medidas urxentes para aclarar a que se deben as mortes e para evitar que volvan repetirse. Lembran que noutra ocasión que se produciu tamén un feito similar o goberno local chegou a esgrimir informes da Xunta que dicían que "as troitas morreran polo efecto da calor".


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: