Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Compartindo raíz europea e africana

Raúl Castro: "Non é que non nos gustase ser 'gallegos', mais preferímolo ser en Cuba"

O presidente cubano fala da elección de Obama, do bloqueo de EUA e do colonialismo español na súa visita ao Brasil, e recorda a súas orixes humildes.

Redacción - 16:45 23/12/2008
Raúl Castro e Lula da Silva atenden os xornalistas

Raúl Castro e Lula da Silva atenden os xornalistas

"Con nós non puido ninguén", sinalou en Brasil o presidente de Cuba, Raúl Castro, durante unha entrevista colectiva na que tamén participou o seu homólogo brasileiro, Lula da Silva. O mandatario cubano acudiu a semana pasada á xuntanza do Grupo do Rio, onde se confirmou a entrada do país caribeño neste organismo de integración e desenvolvemento latinoamericano.

Ao respecto da elección de Barack Obama como presidente de EUA e sobre o bloqueo económico ao que está sometido a illa, Castro destacou que durante a campaña electoral o demócrata afirmou que o "suavizará" mais que "se manterá". "Iso é o pau e a cenoria: Por que manter o bloqueo? Por que e para que?", cuestionouse o mandatario cubano.

No entanto, Raúl Castro afirmou que o pobo de Cuba está afeito a resistir. "Xa máis do 70% dos cidadáns do meu país naceron baixo as limitacións que impón o bloqueo", apuntou.

Colonialismo
"Non puido o colonialismo español cando concentrou perto de 300 mil soldados a finais do século XIX, na última guerra, en que meu pai (Ánxel Castro) era soldado español, na que meu pai veu, labrego pobre mobilizado en Galiza, aos 20 anos; despois namorouse de Cuba, regresou axiña logo de que o evacuaron, para sorte de Fidel e miña", sinalou neste senso, recordando ademais as súas orixes galegas.

"Non é que non nos gustase ser gallegos, mais preferimos sermos gallegos en Cuba e compartir eses dous troncos, europeo e africano, igual que vostedes", declarou Castro aos xornalistas brasileiros. Ademais, fixo fincapé na importancia da xuntanza do organismo multilateral, porque antes "só se reunían cando Estados Unidos o permitía".


Ligazóns

4,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: