Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Retirada militar

A partir de xullo só quedarían tropas estadounidenses en Iraq

Confirmouno o primeiro ministro británico en visita sorpresa a Bagdad. Ao tempo, o goberno iraquí propón un calendario para que en sete meses só queden soldados EUA.

Redacción - 11:35 17/12/2008

Os soldados do Reino Unido estarán como moito até o próximo mes de xullo en Iraq. Para daquela debera terse completado a retirada do exército británico do país. Así foi comunicado este mércores despois da xuntanza entre o primeiro ministro británico, Gordon Brown, con seu homólogo iraquí, Nuri al Maliki.

O gabinete de Brown xa avanzara hai días a intención de comezar esa retirada en marzo e completala antes do verán. Na actualidade, o Reino Unido mantén 4.100 soldados en Iraq. O anuncio coincide co proxecto de lei presentado polo goberno iraquí que prevé que en xullo de 2009 só queden no país soldados estadounidenses. O documento foi xa aprobado polo consello de ministros iraquí e agora pasará a votación no Parlamento. Da outra beira, o pacto cos EUA non estabelece unha retirada dos militares estadounidenses antes de 2012.

Recomendámoslles ampliar na BBC e en Al Iasira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: