Furafollas Agrupación Teatral interpretará a obra gañadora do XI Premio Josep Robrenyo de Teatro.
A obra Canibalismo, de Marcos Abalde, foi premiada hogano co Premio Josep Robrenyo de Teatro, convocado pola Associació d'Investigació i Experimentació Teatral, por decisión unánime do xurado. O texto dramático de Abalde, unha reflexiona sobre as relacións humanas, será interpretado por Furafollas Agrupación Teatral no Ateneu Barcelonès e no acto contarase coa presenza do autor.