Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O ESPERADO REGRESO, ESTE SÁBADO

A gran noite de Fuxan os Ventos

A formación realizará dous concertos consecutivos no Auditorio de Galicia, en Santiago, para os que xa non quedan entradas.

Redacción - 14:43 18/10/2008


A partir das nove da noite, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, Fuxan os Ventos regresará cun espectáculo, Terra de Soños, no que reinterpretarán os temas máis coñecidos do grupo, acompañados en cada canción por algúns dos nomes máis importantes da música galega do momento.

Así, participarán Guadi Galego, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Rodrigo Romaní, Pepe Ferreirós, Miguel Lustres, Sabela e Nova Galega de Danza. Contarán todos co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, que ademais tocará o acordeón. Tamén se ocuparán da música o cuarteto de corda Savia Nova, Simón García (contrabaixo), Roi Adrio (percusións), Guillermo Fernández (guitarra) e Benjamín Otero (oboe e clarinete).


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: