Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Bush destina 184 mil millóns de euros a entrar no accionariado dos grandes bancos

O presidente de EUA xustifica a medida, igual que a tomada polos países europeos, pola necesidade de “restablecer a confianza”.

Redacción - 16:45 14/10/2008

Ninguén podería pensar hai uns meses que o paraíso do neoliberalismo optaría por “nacionalizar” temporalmente bancos para salvalos da creba. Pois isto mesmo é o que vén de anunciar o presidente de EUA, George W. Bush. O máximo expoñente político do modelo ultraliberal confirmou este martes que vai destinar 184 mil millóns de euros a mercar accións de bancos e salvalos así do colapso.

A medida, igual que a adoptada polos gobernos europeos, pretende que os bancos volvan deixarlle cartos a consumidores e empresas. Bush asegurou que a medida busca “restablecer a confianza” no sector financeiro.

Poden ampliar en The New York Times.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: