Pola contra, no conxunto do Estado Español o IPC frea e queda nun 4,5%.
Galiza é a terceira comunidade do Estado onde máis se incrementou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no último ano. Dende setembro de 2007 até o mesmo mes deste ano os prezos aumentaron un 4,9%.Este mesmo mes volveu a subir unha décima o IPC.
Pola contra, no conxunto do Estado Español os prezos mantivéronse e a inflacion interanual fica nun 4,5. No noso país, as maiores subas de setembro producíronse no vestido e calzado (3,9%), no ensino (0,9) e nos alimentos (0,3).