Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

A festa volve ás bolsas grazas ao paraugas do capital público

Os principais mercados europeos rexistraron expectaculares subas logo de que os gobernos decidisen sacar o paraugas para combater a crise. O Ibex 35 aumentou un 10,65%.

Redacción - 18:15 13/10/2008

Que o mercado se regula só é unha máxima que despois deste luns é un pouco menos defendíbel. As bolsas de todo o mundo subiron logo de que a Unión Europea anunciase durante a fin de semana fortes inxeccións de diñeiro público para combater a crise. Un dos casos máis paradigmáticos foi o da bolsa española. O índice Ibex 35 subiu 10,65 puntos, o máximo da súa historia, logo de perder un 9,14% o pasado venres.

As plusmarcas repítense por toda Europa. En París, a bolsa tamén deu que falar, con subas de máis dun 11%. Igual pasou nos mercados de Alemania e Italia, que tamén se sentiron ben máis seguros logo de que a UE sacase  o paraugas no medio do trebón. Ao outro lado do Atlántico, o Dow Jones tamén rexistraba a primeiras horas importantes subas.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: