Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reunidos en París

A zona euro argalla un plan contra "o pesimismo"

Inxeccións de liquidez, posibilidade de entrar no capital das entidades e aval do Estado para cando pidan préstamo no mercado interbancario. Son algunhas das medidas acordadas polos líderes do "Eurogrupo".

Redacción - 09:00 13/10/2008

"Hai que devolverlles aos bancos a liquidez que necesitan e permitirlles que poidan obter financiamento a medio prazo, reforzando os fondos propios". Así explicaba este domingo o presidente de quenda do Consello da Unión Europea, Nicolás Sarkozy, as decisións tomadas polos países membros da zona euro durante a xuntanza en Francia, na que é a primeira iniciativa colectiva que toman diante do actual escenario de crise.

"Non se trata de facerlles un regalo aos bancos, senón de permitirlles o funcionamento", insistiu Sarkozy. Trátase dun marco común por baixo do cal cada estado membro poida adoptar o conxunto de medidas concretas que considere necesarias de acordo á situación específica dos seus mercados financeiros. O sistema de axudas públicas para a recapitalización dos bancos coa meta de que recuperen a liquidez está limitado até finais de 2009. Os líderes políticos insistiron na necesidade de que os bancos teñan garantidos os medios para poderen seguir prestando "a familias e empresas" co obxectivo de non paralizar a economía.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: