Tamén foi escollida a sevillana María Pujol, corredora do Cidade de Lugo Club Fluvial. Son os primeiros dunha listaxe que no 2006 encabezaban Gómez Noya e Soraya Pérez.
Iván Raña
O triatleta de Ordes (Campión Estatal en 2007 e Campión do Mundo en 2002 e de Europa en 2002 e 2003), de 28 anos, acumulou en 2007 813,7 puntos, e comparte o podio co salmantino Clemente Alonso (735,5 puntos), que ficou segundo; e Iván Tejero (713,8), de Xixón, que é terceiro.
Raña estase dedicando na actualidade a preparar esta tempada, coa ollada posta en Beixín 2008, nos que poderían ser os seus terceiros Xogos Olímpicos.
Xabier Gómez Noya, Campión da Copa do Mundo, prata no último mundial e líder na listaxe de mellores triatletas do mundo, está de sexto nesta listaxe, con 662,5 puntos.
As mulleres do triatlón
Entre as mulleres mellor clasificadas está María Pujol (Campioa Estatal 2006 por autonomías), de 25 anos, deportista do Cidade de Lugo Club Fluvial, quen chegou a xuntar 798,5 puntos o ano pasado, poñéndose por diante da malagueña Beatriz Jiménez (684,7 puntos) e a boliviana Agnes Kay Eppers (680).
A primera triatleta galega nesta listaxe é Saleta Castro (tamén do Cidade de Lugo Club Fluvial), que está de décima, con 600,7 puntos.