Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O OBXECTIVO FOI UN CÉNTRICO HOTEL

Cando menos 60 mortos nun atentado de Al-Queda en Islamabad

Sucedeu poucas horas despois da primeira comparecencia parlamentaria do novo presidente de Paquistán.

Redacción - 11:07 21/09/2008

Cando menos 40 persoas morreron e outras 50 atópanse feridas, moitas delas de gravidade, tras a explosión dun camión bomba contra a porta principal do hotel Marriott de Islamabad, segundo informaron fontes policiais á cadea Geo TV e á cadea británica BBC. Uns 15 hóspedes atópanse atrapados entre as chamas no hotel, moi frecuentado por estranxeiros, que corre o risco de derrubarse a consecuencia do incendio causado á peito explosión, que puido oirse a varios quilómetros de distancia.

Unha fonte de seguridade do hotel, citada pola axencia estatal APP, dixo que un camión cargado de explosivos estalou nas inmediacións do edificio, cuxa entrada quedou completamente esnaquizada. Situado no corazón da capital, o Marriott xa fora obxecto de ataques no pasado, polo que as medidas de seguridade eran moi estritas e o acceso resultaba complicado.

Este atentado tivo lugar horas despois de que o presidente do país, Asif Alí Zardari, comparecese por primeira vez ante o Parlamento, onde mostrou a súa decisión de acabar co terrorismo, aínda que matizou que "a forza só é o último recurso". Na xornada rexistráronse xa outros dous atentados, contra convois militares, que deixaron un saldo de oito vítimas no conflitivo noroeste. O Goberno de Paquistán decretou un estado de alerta máxima en todo o país. Tanto Zardari como o primeiro ministro, Yusuf Razá Guilani, condenaron o ataque e ordenaron unha investigación sobre o sucedido.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: