Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Latinoamérica

Venezuela confirma a expulsión do director de Human Rights Watch

Acúsano de violar a Lei de Inmigración e Estranxeiría ao entrar ao país con visa de turista e emitir opinións políticas. Non é aprimeira vez que HRW ataca o proceso revolucionario.

Redacción - 17:20 19/09/2008
José Vivanco, de HRW

José Vivanco, de HRW

O ministro de Asuntos Exteriores de Venezuela, Nicolás Maduro, confirmou esta sexta feira que o director da ONG Human Rights Watch (HRW) para Latinoamérica, José Vivanco, xa se atopa fóra do país, logo de ser expulsado polo goberno.

Maduro reafirmou a decisión do Executivo de expulsalo do país, xa que actuou "ilegalmente" inmiscíndose nos asuntos internos de Venezuela. Concretamente, acúsano de violar a Lei de Inmigración e Estranxeiría ao entrar ao país con visa de turista e emitir opinións políticas.

"Os individuos que intenten vir ao noso territorio a conspirar, a montar accións subversivas dende dentro, deben saber que terán a mesma resposta deste goberno en pleno dereito amparado polas leis e a nosa Constitución", subliñou Maduro.

O director de HRW presentara esta quinta feira en Caracas o informe Unha década baixo Chávez. Intolerancia política e oportunidades perdidas para o progreso dos dereitos humanos en Venezuela, onde se acusa o goberno revolucionario de Venezuela dun "debilitamento sistemático e deliberado das institucións democráticas".

Ademais, o documento cuestiona o compromiso do presidente do país, Hugo Chávez, coa democracia. "Todas estas manobras contra Venezuela son tamén unha sorte de resposta da Casa Branca despois de que o presidente expulsou o embaixador de Washington", sinalou Maduro.



Ligazóns

3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: