O conselleiro de Innovación e Industria asegura que se resolverá dun xeito transparente e nos prazos previstos
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asegurou que se cumprirán os prazos do concurso eólico e que se vai respectar un "proceso transparente". Deste xeito, contestoulles ás consellarías de Medio Ambiente e Política Territorial, xestionadas polos socialistas, e que amosaron a súa "preocupación" pola convocatoria da comisión de avaliación para resolver a adxudicación.
Blanco dixo, con retranca, que o "emociona ese apoio indubidábel" e "esa preocupación que teñen moi altruísta" polos prazos para convocar a comisión, da que forman parte un vogal das consellarías con competencias en Medio Ambiente e Urbanismo, en mans do PSdeG, e Montes, que xestiona o BNG.
O conselleiro 'agradeceulles' ás consellarías por se preocupar por "temas doutros departamentos do Goberno", malia "os problemas que teñen". O concurso eólico ten previsto adxuticar 2.325 megavatios de potencia antes do 17 de decembro.
Fernando Blanco defendeu, tamén, que o procedemento será "transparente" e que "se cumpriŕan os prazos marcados", e incidiu en que "a preocupación neste momento debe ser a de darlle estabilidade ao Goberno diante dunha situación de crise económica".