Un executivo do Grupo Prisa aproveita unha columna de opinión para tildar os membros desta asociación de “reaccionarios antiilustrados”.
Cando semellaba calmarse a polémica polas declaracións de George Steiner sobre o galego, o xornal madrileño El País publica este martes un artigo que arremete contra o Pen Club de Galicia, que se tiña queixado publicamente por unha entrevista na que consideraba que se atacaba a lingua do país.
O director de Relacións Institucionais do Grupo Prisa, Basilio Baltasar, asina un escrito nas páxinas de opinón que leva por título “O furor intransixente dos clérigos”. No mesmo tilda os escritores do club galego de “reaccionarios antiilustrados”. Baltasar acusa o club de "crucificar" o mensaxeiro, o xornalista Juan Cruz, e de non aceptar críticas contra unha lingua á que lle dan "rango sacramental".
Poden ler aquí o artigo de Basilio Baltasar.