Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un dos detidos en Portosín no mes de Nadal

Denuncian dúas malleiras consecutivas a un independentista preso en Aranjuez

Presuntamente, catro funcionarios do módulo de menores bateron en Santiago Vigo. Avogados de Ceivar e médicos forenses xa interviñeron no caso.

Redacción - 11:00 18/06/2008
Centro pemitenciario de Aranjuez

Centro pemitenciario de Aranjuez

Santiago Vigo, un dos mozos detidos o pasado mes de decembro en Portosín acusado de transportar un artefacto explosivo no coche, denunciou a través dunha chamada telefónica á súa familia as supostas agresións das que foi obxecto por parte de catro funcionarios do centro penitenciario de Aranjuez onde permanece preso.

Segundo informou este martes o colectivo Ceivar, Vigo recibiu dúas malleiras consecutivas o pasado sábado logo de manter un vis a vis coa súa nai e co seu irmán. Os golpes, en diferentes partes do seu corpo, motivaron a suspensión por parte da dirección do centro da visita que tiña prevista para o domingo.

A primeira das agresións produciuse unha vez finalizado o encontro, sinalou Ceivar, cando os carcereiros lle solicitaron a Vigo que se espise de arriba abaixo para ser revisado "por razóns de seguranza". O preso exixiu unha bata coa que cubrirse, e este, segundo lle confesou por teléfono á familia, recibiu un trato humillante por resposta e a primeira das malleiras.

Vigo foi trasladado ao módulo de illamento. Polo camiño levou de novo "puñadas e pancadas de forma xeneralizada por todo o corpo", afirmou. Os funcionarios racharon a roupa do preso, e así permaneceu no habitáculo durante "aproximadamente tres días". Ademais, de volta ao módulo de menores, o xefe de Servizos supostamente ameazouno para que non denunciase o suceso.

Ceivar informa na súa web de que avogados do colectivo, así como médicos forenses xa interviñeron no caso. Esta non é a vez primeira que tanto Vigo como o outro detido en Portosín e retido en Aranjuez, José Manuel Sánchez, -ambos os dous militantes independentistas- son obxecto de agresións físicas. A Audiencia Nacional acúsaos de pertenza a organización terrorista, de tenza de explosivos e de conspiración para cometer estragos.


4,92/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: