O edil José Luis Arrúe considera que o nudismo ofende "as pautas de convivencia xeralmente aceptadas".
Paseo da Kontxa, en Donostia
O Partido Popular de Donostia pediu que se revise a ordenanza municipal de civismo para que se prohiba que a xente circule espida polas rúas. Segundo o PP, varios cidadáns protestaron pola presenza dun home que transitaba nu polo paseo da Kontxa.
Segundo informou Diario Vasco, o concelleiro popular José Luis Arrúe lembra que a ordenanza prohibe as "actitudes exhibicionistas dos xenitais na vía pública" e pediu que se impida totalmente andar espido porque é "difícil de tratar dende o punto de vista xurídico" cal é a intencionalidade da persoa.
Arrúe pediu que se regulen "debidamente estes comportamentos", polas queixas recibidas de que un home se atopaba espido "na presenza de crianzas de curta idade" e para que "ninguén poida ofender as pautas de convivencia xeralmente aceptadas".