O Colectivo de Nudistas de Vigo convocou para o domingo 8 de setembro, se o tempo acompaña, unha concentración na praia viguesa da Fontaíña, co obxectivo de reclamarlles ás autoridades locais unha praia na que practicar o nudismo. Actualmente existe un pequeno areal en Saiáns ao que adoitan acudir os naturistas, pero está masificado e parécelles insuficiente. Máis información en Vieiros Festas, que nos dá unha chea de opcións para pasar esta fin de semana case outonal: a Feira Franca de Pontevedra, a Mostra de Teatro Cómico de Cangas, Noite Meiga no Barqueiro, Festa da Cigala en Marín, Foundation Reagge Festival, Festa do Polbo na Illa, a Feira do Moble na Estrada, o Pantín Classic, o Festival Folclórico de Cedeira, a Feira do doce, do amendoado e dos melindres en Allariz...
.