Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación nas oficinas de Carlyle Group

Nova York indemnizará a 52 persoas detidas nunha protesta contra a invasión de Iraq

O concello da cidade estadounidense acordou pagar dous millóns de dólares aos demandantes pola violación dos seus dereitos civís.

Redacción - 12:20 21/08/2008
Varios dirixentes teñen conexións con Carlyle Group

Varios dirixentes teñen conexións con Carlyle Group

A cidade de Nova York acordou indemnizar con dous millóns de dólares a 52 manifestantes que participaron o 7 de abril de 2003 nunha protesta contra a invasión de Iraq, e que foron detidos pola Policía.

O acto de protesta realizouse no centro de Manhattan, nas oficinas do grupo de inversión Carlyle Group, unha firma con participación no sector da Defensa que viu aumentados os seus beneficios exponencialmente coa política da Administración Bush despois dos ataques do 11-S.

"O Departamento de Policía de Nova York violou dereitos constitucionais básicos cando arrestou a un grupo de manifestantes pacíficos que estaban protestando legalmente contra o inicio da guerra de Iraq e aqueles que a apoian para obter beneficios", dixo Sarah Netburn, avogada dos manifestantes.

Sen admisión de responsabilidade
"O acordo alcanzouse sen ningunha admisión de responsabilidade por parte da cidade ou dos demandados individualmente", dixo Susan Halatyn, do servizo xurídico da cidade. "Aínda que os defensores crían que en última instancia gañarían nun xuízo, o custo de avanzar pesou a favor dun acordo", apuntou.

Dúas das manifestantes, Eva Hageman e Sarah Kunstler, foron xulgadas por "alteración da orde pública", e posteriormente declaradas inocentes por un xurado. Os cargos presentados contra o resto dos manifestantes retiráronse sen necesidade de ir a xuízo.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: