Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Olimpíadas en Beixín

China apaña dous dos sete ouros a repartir na primeira xornada

A tiradora checa Emmons foi a primeira en subir ao máis alto do caixón nestes Xogos. O ciclista Samuel Sánchez venceu nunha espectacular carreira a pé da Gran Muralla.

Redacción - 14:30 09/08/2008

Katerina Emmons, da República Checa, converteuse este sábado na primeira deportista en conseguir unha medalla de ouro nos Xogos 2008, logo de vencer na proba de rifle de aire desde 10 metros.

Por outro lado, China lidera o medalleiro desde esta primeira xornada grazas á vitoria de Chen Xiexia en levantamento de peso, na categoría de 48 kilogramos, e á primeira posición de Pang Wei na competición masculina de tiro desde 10 metros.

Outro ouro destacado foi o do ciclista Samuel Sánchez. O corredor asturiano foi o máis forte no sprint final da proba de ciclismo en liña, un traxecto espectacular a pé da Gran Muralla, onde foi quen de gañar por diante do italiano Davide Rebellin e do suízo Fabian Cancellara.

O resto do total de sete ouros a repartírense nesta primeira xornada olímpica apañáronos a estadounidense Mariel Zagounis, na proba feminina de sabre. En judo, o coreano Minho Choi proclamouse o mellor na categoría de menos de 60 kg e a romanesa Alina Alexandra Dumitru na categoría feminina de menos de 48 kg.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: