Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Malia a crise a cidade medra

O Concello de Pontevedra prevé chegar a conceder mil licenzas urbanísticas este ano

A alcaldesa en funcións e concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, asegurou que o modelo da cidade é "realista e axustado ás necesidades do mercado".

Redacción - 18:15 07/08/2008
O ceo e o curuto dos edificios, en Pontevedra / Flickr: andresmilleiro

O ceo e o curuto dos edificios, en Pontevedra / Flickr: andresmilleiro

A alcaldesa en función e concelleira de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Teresa Casal (PSdeG), presentou esta quinta feira as estatísticas urbanísticas do primeiro semestre do ano ao tempo que dicía que o seu municipio é "alleo á crise".

Segundo Casal, "os datos son satisfactorios porque amosan que Pontevedra está capeando bastante ben a crise". A seguir dixo que isto era debido a que o modelo urbanístico da súa cidade é "realista e axustado ás necesidades do mercado, lonxe de modelos especuladores e montados na burbulla, como noutros municipios".

A crise da construción non chega a Pontevedra
Dende o 1 de xaneiro até finais de xuño, en Pontevedra concedéronse licenzas para construír 401 vivendas, unha cifra "bastante alta" para a concelleira de Urbanismo, tendo en conta a media dos últimos anos.

Baseándose neste dato e ao volume de solicitudes que están manexando, todo indica, segundo Teresa Casal, que "cara a finais de ano imos estar, con total seguridade, no contorno das mil vivendas licenciadas". Casal quixo, tamén, destacar que as 401 vivendas con licenza non están "contaminadas" polo efecto xurdido a raíz do Decreto das Normas do Hábitat Galego, que entrou en vigor en abril deste ano, e que provocou unha "auténtica avalancha", en palabras da edil pontevedresa, de peticións de licenzas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: