Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Ratifica a sentenza que a ilegaliza

O Supremo obriga á demolición da urbanización viguesa Outeiro de Castrelos

O Concello ten un mes de prazo para elaborar un proxecto de demolición "total ou parcial".

Europa Press - 19:00 06/08/2008

A sección quinta da sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación interposto pola comunidade de propietarios da urbanización 'Outeiro de Castrelos' de Vigo, contra o auto que obriga a executar unha sentenza de demolición da devandita urbanización, por ser construída cunha licenza ilegal.

Na sentenza, do pasado 24 de xuño, o tribunal considera que non ha lugar á aceptación do recurso, polo que o Concello ten un mes de prazo para elaborar un proxecto de demolición "total ou parcial" deses inmobles, co fin de restaurar a legalidade urbanística. Así, se cumpriría unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que data de 1994.

Na última resolución xudicial, o Supremo recordou que os tribunais xa desestimaron nun auto un recurso de súplica interposto no seu día polos propietarios afectados, xa que non se apreciaron "motivos xustificativos para a paralización da devandita demolición". Agora, a sala contencioso-administrativa rexeita tamén o recurso de casación contra ese auto.

Segundo a exposición de antecedentes da sentenza, o edificio foi construído cunha licenza ilegal e constitúe unha "pantalla disonante" no seu ámbito, polo que non hai outro modo de executar a sentenza que procedendo á demolición.

Ademais desta actuación, hai en Vigo unhas 2.000 familias afectadas por sentenzas de derrubamento de edificios ilegais, como o caso do ámbito de Terreo do Conde, Rosalía de Castro, Xacinto Benavente, as torres Ifer en García Barbón, a Pastora, os aparta-hoteis de Samil ou os chalés pegados de Canido. Só algunhas destas construcións poderán ser legalizadas co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM).


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: