Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta segunda feira

Os militares comezan a patrullar as rúas italianas

Son 3.000 e saen dos cuarteis para "aumentar a seguridade cidadá". É unha das medidas de Berlusconi creada para vixiar, tamén, os centros de acollida de inmigrantes.

Redacción - 17:30 04/08/2008
Militares italianos

Militares italianos

O Exército italiano comezou, esta segunda feira de mañá, a patrullar as rúas das nove principais cidades do país: Roma, Milán, Nápoles, Bari, Palermo, Catania, Turín, Verona e Padua. É unha das medidas do denominado 'paquete de seguridade' aprobado polo goberno de Silvio Berlusconi, que provocou a polémica e varias críticas chegadas de dentro e de fóra do país.

Son un total de 3.000 os militares que se despregarán, sobre todo, polas zonas que rexistran os "índices máis elevados de criminalidade", mentres que unha parte importante de militares estarán "supervisando" os centros temporais de permanencia para inmigrantes e a súa contorna.

En Roma, por exemplo, están patrullando as rúas, as estacións de tren e as de metro 400 militares, mais lonxe do casco histórico para, a petición do alcalde da capital, Gianni Alemanno (Alianza Nacional), non asustar os turistas.

A militarización das cidades
A medida do goberno de Silvio Berlusconi foi fondamente criticada, mesmo dende o propio país. Mentres o ministro de Defensa, Ignazio La Russa, aseguraba que o balance da operación está a ser "extremadamente positivo", os partidos da oposición insistían en que se trata de unha "operación fachada" co que o goberno está a procurar "propaganda", ademais de estar a militarizar, sen razón, as cidades.


1,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: