Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A eléctrica cambia de mans

A CNMV suspende a cotización de Fenosa á espera da oferta de Gas Natural

Logo do anuncio de que o consello de administración da empresa catalá ultima este mércores a operación de compra do 45% que a construtora ACS tiña no grupo eléctrico.

Redacción - 09:45 30/07/2008
Tags:

A primeira hora deste mércores a Comisión Nacional do Mercado de Valores, CNMV, suspendeu a cotización dos títulos de Unión Fenosa, ACS e Gas Natural, por mor da posíbel perturbación do normal desenvolvemento das operacións sobre estes valores. A decisión chega despois da notificación desde Gas Natural de que o seu consello de administración estudará na tarde do mércores os detalles finais da probábel adquisición do 45,3% da eléctrica galega que na actualidade posúe a construtora de Florentino Pérez, ACS.

O martes, os valores de Fenosa pecharan a un prezo de 15,94 euros, un aumento respecto á xornada anterior do 5,4%. ACS quedara nos 30,38 euros, un descenso de -0,6% e Gas Natural perdera un 1,1%, parando en 33 euros. A operación iría avalada polos máximos accionistas da gasista catalá, La Caixa e Repsol, e avalíase que o desembolso necesario podería estar arredor dos 7.500 millóns de euros, cunha oferta de 18,3 euros por acción.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: